Thursday, December 28, 2006

sentando sentindo

as veces a chuvia invade
todo
cando a chuvia cobre
todo molla todo
sento
nun anaco de tempo sento
no minuteiro
e contemplo
(mais só as veces)

as veces todo parece
diferente todo
semella distinto cando sento
(mais só as veces)
insensible coma unha col
de bruselas e todo
envellece

as veces chegamos como agora
ó punto
que sento e incluso penso
que non estou
en ningures que non
teño nin existencia
sequera e sigo
sentando sentindo nada
vendo todo mirando nada
(mais só as veces)

Labels: ,

0 Comments:

Post a Comment

<< Home

Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License.